Thursday 02 de May de 2024

Axenda fin de semana en Ortigueira


Ortigueira conta cun patrimonio natural de enorme riqueza. É por iso polo que desde o Concello continúase co impulso dos seus xa tradicionais roteiros de sendeirismo, xeolóxicas e ornitolóxicas. “ Unha forma de achega ou noso á cidadanía e a aquelas persoas que nos visitan, integrando a actividade física coa paisaxe”, explica o concelleiro de Deportes, Anxo Lozano. Pola súa banda, o edil de Turismo, Juan Cao, informa que “ é unha oportunidade única de promover un turismo de natureza de proximidade e calidade”.

Lugares como o alto de Miudelos, Senra, a praia de Morouzos ou Espasante son parte dos percorridos organizados desde o Concello. As persoas interesadas en participar poden apuntarse na piscina municipal.

A programación comeza este sábado, 2 de abril, cunha camiñada ao alto de Miudelos. Un roteiro duns 5 quilómetros de dificultade baixa. A actividade empezará ás 10:00 horas e o punto de encontro será a piscina de Ortigueira. Os e as participantes deben levar algo de comida, auga e calzado adecuado. Recoméndase estar uns 30 minutos antes de que empece a actividade no punto de encontro.